Galería
Galería

Festival do viño da Ribeira Sacra de Monforte (2023)

Música, gastronomía, ViñoRutas e actividades destinadas a todos os públicos na quinta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, que terá lugar do 30 de xuño ao 2 de xullo no Paseo do Malecón de Monforte de Lemos.

Participarán no evento 30 adegas e 11 postos gastronómicos. 

Horarios apertura stands:

Venres, 30 de xuño: de 19:00 a 00:00 horas.
Sábado, 1 de xullo: de 11:00 a 15:00 e de 19:00 a 00:00 horas.  
Domingo, 2 de xullo: de 11:00 a 15:00  e de 19:00 a 22:30 horas.  

RESERVAS PARA VIÑORUTAS E TALLER DE CATA PARA ADULTOS: 621120560 ou festivalmonforte@gmail.com.

VIÑORUTAS

01/07 - 15:15 h. ViñoRuta do Sil: "Tradición e viñedos do Sil". Percorrido en catamarán e visita a 2 adegas. 
02/07 - 9:30 h.  ViñoRuta do Miño: "Os viñedos e o río Miño". Percorrido en kaiak polo Miño e visita a 2 adegas.

Prezo ViñoRutas: 20€ persoa (10€/nen@s) - Saídas dende o Parque dos Condes. 

 

PROGRAMACIÓN 2023

Venres 30 de xuño

19:00h. Apertura dos stands.
20:00h. Neutrx. Actuación da Compañía de Danza de Fran Sieira.
20:15h. Acto de apertura do “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2023”. Pregoeiro D. José Mouriño Cuba.
23:00h. Actuación de Sés.
00:00h. Peche dos stands.

Sábado 1 de xullo 

11:00h. Apertura dos stands.
11:30h. Taller de cata. Variedades nobres. Reservas en 621 120 560 ou festivalmonforte@gmail.com.
12:30h. Obradoiro infantil. Contacontos Anxo Moure.
13:30h. Taller de cata. Variedades ancestrais recuperadas. Reservas en 621 120 560 ou festivalmonforte@gmail.com.
15:00h. Peche dos stands. 19:00h. Apertura dos stands.
19:30h. Obradoiro infantil. Olería Tradicional da Ribeira Sacra - Figulus.
21:00h. Actuación da banda Diboa.
23:00h. Actuación de Xisco Feijoó.
00:00h. Peche dos stands.

Domingo, 2 de xullo

11:00h. Apertura dos stands.
12:30h. Masterclass de Viños da Ribeira Sacra vs Viños Internacionais con Alejandro Paadín. Reservas en 621 120 560 ou festivalmonforte@gmail.com.
12:30h. Obradoiro infantil circense. Circonove.
15:00h. Peche dos stands.
19:00h. Apertura dos stands.
19:30h. Obradoiro infantil showcooking. Velaísca Animación.
21:00h. Actuación de Fillas de Cassandra. 22:30h. Clausura do “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2023”.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

Programación Festival do Viño da Ribeira Sacra 2023