Galería
Galería

Fitur 2018

O Consorcio de Turismo participou, unha vez máis, na feira de turismo con máis prestixio a nivel internacional como coexpositor da Axencia Turismo de Galicia.

Data: 17/01/2018 ao 21/01/2018

Lugar: Feria de Madrid

Ribeira Sacra foi protagonista no stand de Galicia durante a celebración de FITUR 2018 dende a súa apertura o pasado día 17 e nunha edición na que a organización anunciaba onte o récord 251.000 visitas.

 

RIBEIRA SACRA, PRODUTO TURÍSTICO DESTACADO

Varios son os motivos que mantiveron ao noso territorio nun lugar referente:

1.- Os pasos iniciados para a preparación da candidatura a Patrimonio da Humanidade. A incoación do expediente BIC e a xa iniciada redacción da candidatura de Ribeira Sacra  para formar parte do Patrimonio Mundial, ademais dos pasos iniciais nos que se atopan as Illas Atlánticas para ser incorporadas á listaxe indicativa, foron o telón de apertura no marco de actos institucionais e os proxectos encargados de dar a benvida aos visitantes que accedían ao stand de Galicia.

2.- Dúas novas rutas nos  Trens Turísticos de verán. Ás  exitosas rutas de edicións pasadas de Ribeira Sacra e Ribeira Sacra + Valdeorras engádese agora a de "Ribeira Sacra do Miño". Ademais do percorrido en tren, inclúe paseo en catamarán polo Miño, visita a adega e ao Ecomuseo de Arxeriz, ademais das vilas de Chantada e Monforte de Lemos. Convértese así no xeodestino con máis oferta nas rutas ferroviarias  que xa son un referente da oferta turística de Galicia. A premura coa que se venden as prazas das rutas que visitan Ribeira Sacra levou á Axencia Turismo de Galicia a abrir unha segunda alternativa para atender a demanda recibida.

3.- O novo produto de Turismo de Galicia "Escenarios ao volante": Trátase dunha aplicación que recolle os itinerarios de maior interese paisaxístico e miradoiros que ofrecen os mellores puntos de observación.

Como itinerarios en Ribeira Sacra destacan:

Paisaxes literarias:

  • Citas literarias: O Cabo do Mundo "Ascende o home pola ribeira en costa. Agatula o socalco, salmodia do alén" ("Ribeira Sacra". Francisco X. Fernández Naval)
  • Ditos populares: "O Sil leva a auga e o Miño leva a fama"

Como miradoiros propóñense 5 visitas obrigadas, dúas nas ribeiras do Miño e tres nas do Sil:

  • Miradoiro do Monte Faro (Chantada)
  • Miradoiro de A Cova (O Saviñao)
  • Miradoiro de Cabezoás (Parada de Sil)
  • Miradoiro de Soutochao (Sober)
  • Miradoiro de A Moá (Ribas de Sil)

4.- A nova experiencia turística "Clube da auga": Permite afondar no interior galego ás beiras do Miño. Coa colaboración de Paradores, defínense dúas rutas que combinan experiencias en seis establecementos da cadena, incluíndo ámbalas dúas á Ribeira Sacra:

  • Vilalba, Monforte de Lemos e Tui
  • Ribadeo, Santo Estevo e Baiona

Así mesmo, o Clube da Auga recolle os establecementos balnearios da Galicia interior, entre os que se atopan as instalacións de Oca Augas Santas en Ferreira de Pantón.

Ademais, forma parte do "Top Ten: Dez lugares únicos" que son as cabeceiras de marca e centro da promoción turística de Galicia.

Patrimonio oculto, Paseando entre viñedos, Galicia Birding, e outros dos produtos traballados pola Axencia Turismo de  Galicia recollen os recursos de Ribeira Sacra nos seus programas.

 

DEMANDA DE INFORMACIÓN

No que se refire á demanda recibida nos mostradores de información, Ribeira Sacra foi o destino máis buscado polos visitantes logo do Camiño de Santiago. Os 4.200 exemplares de información turística foron esgotados a un día e medio de rematar a feira. Pese a ter previsto unha demanda maior a de anteriores anos, as previsións foron superadas. As persoas que non puideron retirar a súa información impresa no stand, recibirán nos seus domicilios o material do seu interese.

 

ENCONTROS PROFESIONAIS

Ás 12:30 horas do día 19 de xaneiro  tivo lugar a presentación institucional de Ribeira Sacra en FITUR a cargo da Directora de Turismo de Galicia,  Dna. Nava Castro, e  do Presidente  do Consorcio de Turismo, Luis Fernández Guitián.  Acompañounos ou Presidente dá  Deputación de Lugo, D. Darío Campos, a Directora  Xeral de Patrimonio, Mª Carmen Martínez,  membros  do Parlamento de Galicia, delegados  territoriais,  deputados  provinciais e  outras autoridades.  Dende Ribeira Sacra  asistiron vos alcaldes de Monforte de Lemos, D. José Tomei, e ou de Pantón, D. José Luis Álvarez, así como ou Presidente  do @Consello Regulador, D. José Manuel Rodríguez.  Medios de prensa, operadores turísticos  nacionais e  internacionais, representantes de  asociacións  do sector empresarial turístico e visitantes completaban ou aforamento  do salón de actos  do caseta de Galicia.

A presentación  versou sobre  actuacións enmarcadas nos convenios  asinados  coa  Axencia Turismo de Galicia en 2017.  Unha presentación animada que resume ou ano 2017  e que se  creou  expresamente para esta ocasión  foi ou  apoio audiovisual dás  explicacións dadas polo Presidente  do Consorcio.  As  montaxes de pantalla  orixinais e  moi dinámicas  adoitan ser ou punto  forte e distintivo de Ribeira Sacra  fronte a  outras  presentacións dás que  teñen lugar non salón de actos.

A xerente do Consorcio de Turismo, Alexandra Seara, mantivo unha reunión de algo máis dunha hora cos deputados da Comisión 6ª Industria, Enerxía, Turismo e Comercio do Parlamento de Galicia na que puido explicar os trámites no camiño para conformar a candidatura para Patrimonio Mundial. Analizaron a documentación do expediente BIC plantexando varias cuestións. Sobre todo interesáronse nos éxitos acadados nos últimos tempos por Ribeira Sacra partindo dunha "xestión complexa" como entenden que debe de ser a de Ribeira Sacra pola amplitude do territorio e a as súas condicións orográficas e xeopolíticas.

Encontros con medios de prensa, operadores turísticos e empresas de novas tecnoloxías no sector turístico foron a parte máis concorrida da axenda do Consorcio en FITUR.

Esta foi a edición da feira internacional na que Ribeira Sara estivo máis presente e a intención é superalo de cara ao 2019, por iso xa traballamos coa Xunta de Galicia en varias liñas de cara o vindeiro ano.

 

Enlaces relacionados:

http://www.turismo.gal/inicio

http://www.ifema.es/fitur_01

Fitur 2018

Ver máis...