Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón 2026
Pantón celebra unha nova edición da Mostra de Viños da Ribeira Sacra, unha cita na que viño, gastronomía e tradición van da man.
Ribeira Sacra, 30 de abril de 2026
A XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón celebrarase do 8 ao 10 de maio no recinto feiral de Ferreira de Pantón.
Durante tres xornadas, a programación reunirá diferentes actividades arredor do viño do territorio, entre elas catas maridaxe, catas populares, a inauguración oficial, o Brinde do Viño e a Festa da Empanada.
Nesta edición participarán oito adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que ofrecerán degustacións ao público durante a celebración da Mostra.
PROGRAMACIÓN:
VENRES, 8 DE MAIO:
- 19:00 h. Apertura das casetas no recinto feiral e cata maridaxe dirixida por Diego e Guillermo Centeno Marquina e Ana Sofía Emidio Martínez, do Restaurante Vértigo, e Vinosacra.
- 20:30 h. Inauguración da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, a cargo de Xosé Manuel Merelles Remy.
- 20:40 h. Actuación da charanga Louband.
- 23:00 h. Actuación do grupo musical Top Lider.
SÁBADO, 9 DE MAIO:
- 12:00 h. 1ª Cata popular da Mostra en colaboración con Vinosacra, primeira sesión.
- 13:30 h. Brinde do Viño, simultáneo en toda España, polo Día Movemento Viño D.O., no Campo da Feira.
- 14:30 h. IX Festa da Empanada no recinto do Castro.
- 17:00 h. 1ª Cata popular en colaboración con Vinosacra, segunda sesión.
- 20:30 h. Actuación da charanga Os Festicultores.
- 23:00 h. Música do Grupo Claxon.
DOMINGO, 10 DE MAIO:
- 12:00 h. Recepción de autoridades no recinto feiral.
- 13:00 h. Pregón da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón a cargo de don Luis L. Paadín, enólogo e sumiller.
- 19:00 h. Actuación da orquestra Gran Parada.
Durante toda a fin de semana haberá actuacións musicais e servizo de autobús desde Monforte e Escairón.
Máis información: Concello de Pantón.