Oferta praza turismo CTRS

En relación á contratación dun/dunha INFORMADOR/-RA TURÍSTICO/-A en réxime de persoal laboral-temporal, de conformidade á Resolución da Axencia de Turismo de Galicia publicada no DOG nº 22 do 31/01/2018, pola Presidencia ditouse Resolución en data de 29 de maio de 2018 pola que se establece:

PRIMEIRO.- Perfil requirido: estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:

  • Técnico/a superior en información e comercialización turística.
  • Técnico/a superior en guía, información e asistencia turística.
  • Técnico/a en empresas e actividades turísticas.
  • Grao ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado

SEGUNDO.- A duración e xornada do contrato será conforme a orde reguladora da subvención pola que se procede á contratación en réxime de laboral-temporal dunha persoa para a Oficina de Información Turística

  • Data inicio:  15/06/2018
  • Data fin:      15/09/2018 (ambos inclusive)
  • Xornada:      6 h/día  de luns a sábado

TERCEIRO.- Os criterios de valoración están a disposición de calquera persoa interesada na contratación, na sede administrativa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra ou en www.ribeirasacra.org/turismo 

 

PRAZO PRESENTACIÓN: Ata o 6 de xuño de 2018 (inclusive)

LUGAR: Sede de Presidencia (Concello de Sober) ou Sede Administrativa (Concello de Nogueira de Ramuín)

HORARIO: 9:00 a 14:00 h de luns a venres

MODELOS SOLICITUDES: Facilítanse nas sedes ou en www.ribeirasacra.org/turismo

 

DESCARGAS: 

[CRITERIOS VALORACIÓN]

[MODELO SOLICITUD]

[ADMITIDOS PROCESO SELECCIÓN] 

[ADXUDICACIÓN PRAZA INFORMADOR TURÍSTICO 2018]

 

MÁIS INFORMACIÓN:

turismo@ribeirasacra.org

638 823 592