Primavera de portas abertas en Ribeira Sacra

Experiencias enoturístícas inolvidables

A través da marca Enoturismo en Galicia, da que forman parte o Clúster Turismo de Galicia e as cinco Asociacións das Rutas dos Viños das Denominacións de Orixe galegas (Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras), enmárcase unha estratexia xeral de promoción que pretende incentivar o desenvolvemento do enoturismo na nosa comunidade autónoma. E é precisamente baixo este paraugas que Turismo de Galicia, en colaboración con estas cinco entidades impulsoras das Rutas dos Viños galegas, organiza, un ano máis, outra edición do Enoturismo en Galicia, Primavera de portas abertas.

Trátase dun programa completo de actividades de enoturismo desenvolvido, de maneira conxunta e simultánea, nos cinco grandes territorios vitivinícolas galegos.

Durante cinco fins de semana entre os meses de maio e xuño poderás facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción. Todas terán as súas portas abertas para ti durante a fin de semana da campaña*. Ao finalizar a visita ofreceranche como agasallo unha degustación dos mellores viños de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra ou Valdeorras.

Tamén atoparás restaurantes onde poderás escoller menús concibidos especialmente para esta ocasión, harmonizados con viños da Denominación de Orixe na que te atopes.

En cada Ruta poderás encontrar, ademais, un plan especial de actividades para a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.

Programa Ruta del Vino Ribeira Sacra

Descarga folleto del programa