Agasalla Ribeira Sacra

Se buscas ese agasallo especial para compensar aos teus por un ano duro, estamos convencidos de que triunfarías cunha estadía ou experiencia en Ribeira Sacra para cando a normalidade regrese ás nosas vidas.

Un voo en globo sobre os  bancais de viñedos, unha noite nunha pequena casa rural, ese menú degustación  maridado con viño da D.O. Ribeira Sacra, un roteiro fluvial con degustación a bordo, unha visita guiada, un baño de bosque, unha experiencia  mindfulness con cabalos, un roteiro guiado de montaña,...

Infórmate nesta web de todas as posibilidades que che brinda Ribeira Sacra e localiza ese servizo ou actividade que máis che interesa. Consulta co provedor/empresa se existe a posibilidade de adquirir o servizo de forma anticipada con tarxetas-agasallo ou semellantes e sorprende nestas datas ás persoas máis especiais.

Accede á portada da web e  infórmate de todas as alternativas:

  • DESCOBRE: Para coñecer o xeodestino e todos os seus recursos de interese 
  • DESFRUTA: Para interactuar da forma máis  activa
  • PLANIFICA: Para contactar coas empresas de servizos

E se prefires que unha axencia se encargue de todo, podes contactar con algún dos receptivos que atoparás nesta ligazón: Roteiros organizados ou á carta

 

Estamos aquí para axudarche a planificalo todo:

  • Correo: turismo@ribeirasacra.org
  • Teléfono: 638 823 592 

E tamén che pode interesar botar unha ollada a :  merecesunrespiro. com