Festa da augardente, feira medieval e outros (2019)

Neste espazo iremos informando de festas e ofertas turísticas y culturais que terán lugar durante a Semana Santa e nos días previos, á marxe das feiras do viño de Amandi e Quiroga. Ë o caso caso da Festa da Aguardiente en Portomarín, a Feira Medieval de Monforte de Lemos ou as actividades que nos ofrecen os diferentes concellos ou profesionais do sector turístico:  A Pobra do Brollón presenta os seus proxectos "Adegas da memoria" e "Castro de San Lourenzo".

FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARÍN 2019 (21 de abril)

Cada Domingo de Pascua, Portomarín celebra unha das súas festas con máis sona, a Festa da Augardente, que este ano chega á súa 48 edición.

Unha xornada na que os veciños e veciñas comparten parte da súa vida e tradicións con todos aqueles que se acheguen a esta festa.

Un dos eventos centrais da celebración é a reunión do Cabildo Xeral da Orde Serenísima da Alquitara, que como cada ano nomea aos Novos Cabaleiros e Damas, quen no seu compromiso como novos membros da Orde aceptan defender, divulgar e exaltar alí onde se atopen o augardente de Portomarín e a súa elaboración tradicional.

Actuacións musicais, a V Carreira Popular e a IX Degustación da Anguía completan o programa desta lonxeva festividade.

Máis información: Concello de Portomarín

FEIRA MEDIEVAL DE MONFORTE DE LEMOS 2019 (20 e 21 de abril)

O evento, que este ano celebra a súa 17ª edición, é unha das citas imprescindibles da Semana Santa.

Con case 120 postos e diferentes espectáculos ao longo da fin de semana.Terá lugar durante as xornadas do 20 e 21 de abril.

Un ambiente festivo no que todas as rúas e establecementos da cidade se trasladan á época do medievo. Xograres, trovadores, xustas medievais, demostracións de cetrería e un sinfín de animacións e actividades invaden o casco histórico da vila durante a fin de semana.

Ademais, e como unha das novidades na edición de este ano, destaca o espectáculo Refundación, unha conmemoración ao momento no que os Reis de España concederon aos señores de Lemos o título de cidade e tamén a posibilidade da celebración de feiras e mercados, alá polo ano 1104.

Máis información: Concello de Monforte de Lemos

 

ACTIVIDADES DE SEMANA SANTA EN A POBRA DO BROLLÓN

Máis información aquí.