Servizos lanzadeira Ribeira Sacra Semana Santa 2024

O Consorcio de Turismo pon a disposición das personas que visiten Ribeira Sacra en Semana Santa o servizo de transporte en autobús lanzadeira aos embarcadoiros de Abeleda e Ponte do Sil desde Castro Caldelas e Monforte de Lemos.

Pola súa banda, os concellos de Nogueira de Ramuín e Parada de Sil xestionarán os servizos de traslado ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil desde o aparcamento de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín) e ao Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil desde Parada de Sil, respectivamente.

Ribeira Sacra, 15 de marzo de 2024

O servizo de Ponte do Sil e Abeleda será gratuíto e funcionará entre o sábado 23 de marzo e o domingo 31 de marzo, con obxectivo de reducir a circulación e aparcamento de coches nestes puntos nunhas datas cunha importante afluencia de turistas.

Aconsellase a reserva previa de praza para garantizar dispoñiblidade.

LANZADEIRA MONFORTE DE LEMOS - DOADE - EMBARCADOIRO PONTE DO SIL 
Punto de saída: Parque dos Condes* Zona estacionamento buses, ao final do aparcamento(Monforte de Lemos)
Parada intermedia: Doade (Sober)

IDA:
- Saídas desde Monforte de Lemos: 9:55, 11:55, 13:25, 14:55, 16:25, 19:05.
- Paradas intermedias en Doade: 10:20, 12:20, 13:35, 15:20, 16:50, 19:30.
- Chegadas a Ponte do Sil: 10:30, 12:30, 14:00, 15:30, 17:00, 19:40.

VOLTA:
- Saídas desde embarcadoiro Ponte do Sil: 10:40, 12:50, 14:00, 15:40, 18:10, 19:50.
- Paradas intermedias en Doade: 10:50, 13:00, 14:10, 15:50, 18:20, 20:00.
- Chegadas a Monforte de Lemos: 11:15, 13:25, 14:35, 16:15, 18:45, 20:25.

LANZADEIRA CASTRO CALDELAS - ABELEDA - EMBARCADOIRO DE ABELEDA
Punto de salida:
Praza do Prado (Castro Caldelas)
Parada intermedia: Abeleda (A Teixeira)

IDA:
- Saídas desde Castro Caldelas: 10:15, 12:10, 13:15, 15:10, 16:40, 17:30, 19:10.
- Paradas intermedias en Abeleda: 10:30, 12:25, 13:30, 15:25, 16:55, 17:45, 19:15.
- Chegadas ao embarcadoiro de Abeleda: 10:35, 12:30, 13:35, 15:30, 17:00, 17:50, 19:30.

VOLTA:
- SaÍdas embarcadoiro de Abeleda: 10:40, 12:55, 13:40, 15:30, 17:00, 18:10, 19:50.
- Paradas intermedias en Abeleda: 10:45, 13:00, 13:45, 15:35, 17:05, 18:15, 19:55.
- Chegadas a Castro Caldelas: 11:00, 13:15, 14:00, 15:50, 17:20, 18:30, 20:10.

Os servizos de lanzadeiras de Ponte do Sil e Abeleda están financianciados pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, con cargo ao Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra.

 

LANZADEIRA MOSTEIRO DE SANTO ESTEVO DE RIBAS DE SIL (xestioinada polo Concello de Nogueira de Ramuín)
                      (SEN RESERVA PREVIA)
Punto de saída:
Aparcamento Santo Estevo (Nogueira de Ramuín)
Prezo: 1€

De 11:00 a 14:30 e de 15:45 a 20:00 horas.
Saídas do aparcamento cada 15 minutos.
19 prazas