
Subida a Chantada 2023
Regresa unha das citas máis ansiadas polos amantes do motor na comarca, a clásica Subida a Chantada.
ATENCIÓN VISITANTES: O acceso a Chantada e ao embarcadoiro do Club Náutico de Belesar pola LU C-533 (vía rápida Monforte de Lemos - Belesar) estará restrinxido durante a fin de semana (información ampliada máis abaixo).
Ribeira Sacra, 13 de xullo de 2023
A cita, puntuable para o Campionato de España de Montaña, reunirá nesta edición a un total de 88 pilotos. Celebrarase, como sempre, no seu habitual marco incomparable; entre os viñedos de zona de Belesar, unha das paisaxes máis icónicas da localidade de Chantada.
Para máis información sobre a proba:
- Escudería Chantada- http://www.escuderiachantada.com
- Oficina de Turismo Chantada- turismo@concellodechantada.org, 982 441 752
CORTES DE ESTRADA:
O tramo da LU C-533 (Vía Rápida Monforte de Lemos-Chantada) que comprende entre Chantada e Pesqueiras estará pechado ao tráfico durante a realización da proba, nos seguintes horarios:
- Sábado, 15 de xullo: de 10:00 ata fin de proba (última hora da tarde)
- Domingo, 16 de xullo: de 7:30 a 15:00 horas aprox.
O tráfico será desviado por estradas secundarias (itinerario en imaxes). Ademais, o acceso ao embarcadoiro do Club Náutico de Belesar tamén estará cortado polo tramo habitual. Para chegar ao embarcadoiro de Belesar preséntanse aquí dúas alternativas:
- Desde Chantada: seguir as indicacións cara á adega Vía Romana e posteriormente, cara ao pobo de Belesar.
- Desde O Saviñao, seguindo indicacións cara a Praia dá Cova e despois, en dirección Belesar.