
Subida a Chantada 2025
Volta unha das citas más agardadas polos amantes do motor na comarca, a xa clásica Subida a Chantada.
ATENCIÓN VISITANTES: O acceso a Chantada e ao embarcadoiro do Club Náutico de Belesar pola LU C-533 (vía rápida Monforte de Lemos - Chantada) estará restrinxido durante o fin de semana (información ampliada máis abaixo).
Ribeira Sacra, 23 de xullo de 2025
A cita, xuntará nesta edición a un total de 102 pilotos, un novo récord histórico. Celebrarase, coma sempre, no seu habitual marco incomparábel; entre os viñedos da zona de Belesar-San Fiz, unha das paisaxes máis icónicas da localidade de Chantada.
Para más información sobre a proba:
• Escudería Chantada- http://www.escuderiachantada.com
• Oficina de Turismo Chantada- turismo@concellodechantada.org, 982 441 752
• Concello de Chantada- https://www.concellodechantada.org/
CORTES DE CARRETERA:
O tramo da LU C-533 (Vía Rápida Monforte de Lemos-Chantada), que comprende entre Chantada e Pesqueiras (O Saviñao), estará pechado ao tráfico durante a realización da proba, nos seguintes horarios:
• Sábado, 26 de xullo: de 10:00 hasta fin dos adestramentos (última hora da tarde)
• Domingo, 27 de xullo: de 7:30 a 15:00 horas aprox.
O tráfico da vila de Chantada tamén sufrirá modificacións. O parque pechado situarase na rúa Xoán XXIII, que permanecerá pechada dende o venres 25 de xullo a media mañana.
A ceremonia de saída celebraráse este mesmo venres ás 20:30 na Praza de Galicia, polo que estará prohibido estacionar na avenida de Monforte dende a media tarde do venres ata as 22:00.
O tráfico será desviado por estradas secundarias. Ademáis, o acceso ao embarcadoiro do Club Náutico de Belesar tamén estará cortado polo tramo habitual. Para chegar ao embarcadoiro de Belesar presentanse dúas alternativas:
• Dende Chantada: tomar estrada LU-P-1801 e posteriormente a LU-P-1804 cara o pobo de Belesar.
• Dende O Saviñao: seguindo indicaciones cara Praia da Cova e despois, en dirección Belesar.
Tamen se suspenderá o servizo da lanzadeira Chantada - Belesar - Praia da Cova, dende o 25 ao 27 de xullo.