Trens Turísticos de Galicia

Os Trens Turísticos de Galicia convídanche  a descubrir novamente a riqueza das terras galegas dunha forma orixinal. Mergúllache na súa natureza, o seu patrimonio, a súa historia e a súa cultura a través dunha viaxe única e inesquecible.

A tempada 2019 propón doce itinerarios diferentes, entre eles 3 que discorren por Ribeira Sacra:

  • Tren do Viño Ribeira Sacra (Río Miño), vides e tradición nas ribeiras do río Miño.
  • Tren do Viño Ribeira Sacra (Río Sil), a maxia do canón do Sil.
  • Tren do Viño Ribeira Sacra e de Valdeorras, paraxes de santuarios, natureza única e adegas milenarias.

En colaboración coa Xunta de Galicia e Inorde (Instituto Ourensan de Desenvolvemento Económico), e a bordo dun cómodo tren tematizado, estes roteiros dun día inclúen servizo de guía especializado durante todo o percorrido, os traxectos en ferrocarril, os traslados complementarios en autocar e todas as actividades e visitas programadas.

Máis información e venda de billetes en RENFE.