Trens Turísticos de Galicia 2018

O pasado 2 de xuño deu comezo a tempada de Trens Turísticos de Galicia. Esta iniciativa, promovida por Turismo de Galicia, Renfe e a Deputación de Ourense, conta cun total de 12 rutas que permitirán ao viaxeiro descubrir Galicia en tren da man de guías especializados.

Tras o éxito en edicións anteriores das rutas desenvolvidas na Ribeira Sacra, desde Turismo de Galicia decidiron implementar neste ano unha máis no noso destino, a “Ruta  do Viño da Ribeira Sacra do Miño”. Sumamos así ata 3 trens turísticos que atravesarán e se adentrarán nas nosas paisaxes e cultura durante a presente campaña, que finalizará no mes de outubro.

As viaxes teñen un prezo de 40€ por persoa (20€ nen@s) e pódense adquirir por internet (www.renfe.es), en axencias de viaxes concertadas ou nos despachos de billetes de calquera estación de Renfe.

Os folletos para descarga, así como a información máis detallada sobre esta campaña, pódense atopar en turismo.gal 

 

[DESCARGAR IMAXE]