Trens Turísticos de Galicia 2022 -Ribeira Sacra

Rutas, datas 2022 e compra de billetes para os trens turísticos de Galicia en Ribeira Sacra.

Os xa clásicos "Trens Turísticos de Galicia" regresan este 2022 a Ribeira Sacra. Hasta un total de tres trens tematizados percorrerán diferentes puntos do noso destino entre os meses de xuño e outubro. Rutas dun día que inclúen servizo de guía especializado durante todo o percorrido, os traxectos en ferrocarril, os traslados complementarios en autocar e todas as actividades e visitas programadas.

Os tres trens parten da Estación de Tren de Ourense, aínda que poderás contratar sen custo algún o traslado desde as estacións de tren de Santiago de Compostela e Vigo. 

A continuación, podes consultar as frecuencias, prezos e método de reserva para os trens turísticos de Galicia en Ribeira Sacra. 


SAÍDAS PROGRAMADAS:

  • Ruta do Viño de Ribeira Sacra (río Sil): 4 xuño, 2 xullo, 6 agosto, 3 setembro, 17 setembro e 1 outubro.
  • Ruta do Viño de Ribeira Sacra (río Miño): 18 xuño, 30 xullo, 10 setembro e 8 outubro. 
  • Ruta dos Viños de Ribeira Sacra e Valdeorras: 27 agosto e 24 setembro. 


PREZO: 45€ adulto, 20€ nenos/ as de 3 a 13 anos. 

Os trens turísticos de Galicia son unha iniciativa patrocinada e cofinanciada por Turismo de Galicia e Deputación de Ourense.

 


Reservas e compra de billetes: RENFE

Máis información e descarga de folleto: https://www.turismo.gal