Trens Turísticos de Galicia 2026 en Ribeira Sacra
Rutas, datas 2026 e compra de billetes para os trens turísticos de Galicia en Ribeira Sacra.
Ribeira Sacra, 24 de febreiro de 2026
Os xa clásicos Trens Turísticos de Galicia regresan este 2026 a Ribeira Sacra. Ata un total de tres trens tematizados percorrerán diferentes puntos do noso destino entre os meses de xuño e setembro. Rutas dun día que inclúen servizo de guía especializado durante todo o percorrido, os traxectos en ferrocarril, os traslados complementarios en autocar e todas as actividades e visitas programadas.
Os tres trens parten da Estación de Tren de Ourense, aínda que Renfe ofrece a posibilidade de traslado desde as estacións de tren de Santiago de Compostela e Vigo.
A continuación, deixámosche as frecuencias, prezos e método de reserva para os trens turísticos de Galicia en Ribeira Sacra.
SAÍDAS PROGRAMADAS:
- Tren da Ribeira Sacra (río Sil): 6 e 27 de xuño, 11 de xullo, 1 e 22 de agosto, 12 de setembro.
- Tren da Ribeira Sacra (río Miño): 13 de xuño, 5 e 26 de setembro.
- Tren de Valdeorras-Ribeira Sacra: 4 de xullo e 19 de setembro.
PREZO: 50€ adulto, 25€ nenos/as menores de 14 anos.
Os trens turísticos de Galicia son unha iniciativa patrocinada e cofinanciada por Turismo de Galicia e INORDE.
Reservas e compra de billetes: RENFE (Aberta venda só para algúns trens. Trens de Ribeira Sacra proximamente á venda)