Galería
Galería

Turexpo 2018

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra participará outro ano máis en  Turexpo, o Salón Turístico de Galicia, para dar a coñecer os recursos turísticos do noso destino.

O VIII Salón Turístico de Galicia coincidirá tamén coa celebración de Festur, a V Feira das Festas de Interese Turístico de Galicia. Numerosas casetas de información turística de toda a comunidade participarán durante estas catro xornadas en Turexpo. 

Data: do 7 ao 10 de xuño de 2018

Lugar: recinto da Feira Internacional de Galicia  ABANCA (Silleda, Pontevedra)

Horario: 

  • Xoves e Venres: de 10  h. a 20  h.
  • Sábado e Domingo: de 10  h. a 21  h.

Ligazón de interese: http://www.turexpogalicia.com/index.php/gl/

El CTRS en Turexpo