Viñobús Vendima 2026

Unha experiencia para gozar en familia e descubrir a viaxe da uva desde o viñedo ata a copa: coñecer como se cultiva, de onde procede e como se transforma de forma natural en mosto ou viño.

Datas Viñobús 2026: 6, 12, 13, 19, 20 de setembro

Daremos un paseo polos viñedos da man de quen mellor coñece a vide, descubrindo os seus coidados, as distintas variedades de uva, as súas follas e a importancia do solo.

Durante a experiencia realizaremos unha cata de uvas, mostos e viños, aprendendo a recoñecer diferentes aromas, sabores e texturas.

E chegará un dos momentos máis especiais: vendimaremos e pisaremos as uvas como se facía antigamente. O mosto obtido iniciará despois o seu proceso de fermentación, baixo o coidado dos enólogos, ata converterse en viño. Unha vez embotellado, poderás incluso recibilo na casa se o desexas.

Para rematar, gozaremos dun merecido xantar entre viñedos, compartindo unha tradición ligada ao traballo dos viticultores que cultivan estas ladeiras.

 

HORARIOS:

PREZO: 

  • Adultos: 15 euros.
  • Nenos de 4-12 anos: 10 euros.
  • Menores de 4: gratis.

O prezo inclúe: traslado desde o punto de encontro, xantar na adega** e guía acompañante.

* Gastos de envío da botellas non estarían incluídos, consultar prezo.

** O tipo de almorzo varía en función da adega, pero na maioría dos casos trátase de pratos fríos cun menú propio dos viticultores durante unha xornada de vendima.

 

· Saídas garantidas a partir de 10 prazas.

· Recoméndase roupa e calzado adecuados (preferiblemente vaqueiros, deportivos ou botas de montaña).

· É necesario reservar para realizar a actividade.

· O Consorcio resérvase o dereito de modificación do programa en función da evolución da vendima.

·  Por razóns de seguridade nos espazos visitados e polas condicións hixiénico-sanitarias das adegas, non se permite a participación de mascotas na actividade. Quedan exceptuados os cans guía e de asistencia debidamente acreditados.


MÁIS INFORMACIÓN: 

638 823 592 //  turismo@ribeirasacra.org

Actividade de carácter promocional con prezos patrocinados con cargo ao Convenio coa Axencia de Turismo de Galicia 2026.

--

 

OUTRAS ACTIVIDADES DE VENDIMA

  • Bodegas Regina Viarum: 6, 12 e 13 de setembro.
    • Xornada de Vendima 2026. Prezo: 55 €
      Programa completo aquí.

RESERVAR