XX Feira do Viño e das Cereixas de Belesar 2026

Belesar acolle os días 16 e 17 de maio unha nova edición da Feira do Viño e da Cereixa, unha cita enogastronómica na que se unen dous dos grandes sabores do territorio: o viño de Ribeira Sacra e as cereixas de tempada.

Ribeira Sacra, 8 de maio de 2026

A Feira do Viño e da Cereixa de Belesar celebrarase os días 16 e 17 de maio na localidade de Belesar, situada á beira do Miño entre os municipios do Saviñao e Chantada.

A programación combinará degustacións, venda de produto local e actividades populares nunha contorna única, co río Miño e os viñedos de Belesar como protagonistas.

PROGRAMA

SÁBADO, 16 DE MAIO

  • 11:30 h. Actuación do Grupo Castro - Candad
  • 13:00 h. Inauguración da Feira e pregón a cargo de Anxo González Guerra
  • 14:00 h. Sesión vermú a cargo de En clave de ti
  • 20:00 h. Festa verbena a cargo de En clave de ti

DOMINGO, 17 DE MAIO

  • 10:00 h. Apertura de postos
  • 13:00 h. Sesión vermú a cargo de Son de Festa
  • 17:00 h. Certame de Aturuxos
  • 19:00 h. Festa verbena a cargo de Son de Festa

Máis información:  Concello de Chantada, Concello de O Saviñao