Galería
Galería

XXX Festa do Caldo de Ósos (Taboada) (2022)

Tras un ano de interrupción, volve un dos eventos gastronómicos máis populares de Ribeira Sacra: a Festa do Caldo de Ósos celebrarase en Taboada os próximos 2 e 3 de abril de 2022.

Ribeira Sacra, 22 de marzo de 2022

Aínda que trasladada da súa data habitual (Entroido), a  Festa  do Caldo de Ósos recupera o seu tradicional programa, contando con degustacións, o festival "Festóso", o clásico xantar do domingo e moita música.  


PROGRAMA 

Sábado, 2 de abril

18:00 h - Ruta osovitívinicola polos bares de Tabaoda 

22:30 h -  "Festóso" no Centro Cívico de Taboada

Domingo, 3 de abril

10:30 h - Apertura da Feira

11:30 h - Escultura en madeira por Marcos Mariño

12:00 h - Concentración de coches clásicos

12:15 h - Actuación de "A.C. Os Rechouchios"

13:00 h - Pregón a cargo de Ana Vila Portomeñe

13:30 h - Degustación do caldo de ósos, ofrecido polo gremio de hostalería de Taboada

14:15 h - Xantar co menú da festa: caldo de ósos, costela asada, filloas e queixo con mel *

16:30 h - Escultura en madeira por Marcos Mariño

18:00 h - Actuación  gruo de gaitas e danzas "Os d eiquí"

20:00  h - Degustación de produtos de porco, actuación charanga "Ardores"

 

* Pódese reservar mesa nos seguintes establecementos: 

Prezo do menú: 20€

 

Data: 2 e 3 de abril de 2022

Lugar: Concello de Taboada

Máis información:  https://www.facebook.com/festadocaldodeosos/

Festa do Caldo de Ósos, Taboada (2022)