Feira do Viño de Vilachá 2026
A edición número 33 da Feira do Viño de Vilachá celebrarase do 1 ao 3 de maio, como cada ano, nas adegas centenarias da Abelaira, en Vilachá de Salvadur, consolidada xa como unha das citas máis singulares do calendario da Ribeira Sacra.
Ribeira Sacra, 22 de abril de 2026
A feira volverá reunir viño, gastronomía, música e tradición nun contorno patrimonial único. Nesta edición participarán de novo as adegas e furanchos de Vilachá, nunha cita que mantén a súa esencia e o seu carácter auténtico.
Durante as tres xornadas, veciños e visitantes poderán gozar de degustacións, ambiente festivo, actuacións musicais e outras propostas complementarias que converterán Vilachá nun punto de encontro imprescindible durante a ponte de maio.
PROGRAMACIÓN:
VENRES, 1 DE MAIO
- 16:00 h: Inicio da feira. Actuación de Os Parrandas e Batukada Tukupá
SÁBADO, 2 DE MAIO
- 11:00 h: Inicio da feira. Actuación de Os Ministreles, O Corenta e Chincho, Os Bochetas do Sil, Son do Mao e Os Tarabelos.
- 13:00 h: Cata “As nosas ribeiras” a cargo de Juanjo Figueroa. Reserva previa: 650 624 828. Prezo: 15 €/persoa.
DOMINGO, 3 DE MAIO
- 11:00 h: Inicio da feira. Actuación de Escola Municipal Samoeiro, Os Triskeles, Os Somontanos e Cantareiras de Fornelas.
- 13:00 h: Pregón a cargo de Mónica Fernández, sumiller.
- 17:00 h: Cata-concurso de viños de furancho. Premios do xurado e do público. Acceso libre.
Haberá postos de artesanía, comida, polbo...
Máis información: https://www.concellodapobradobrollon.gal