Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Pazos e Casas Señoriais

O pazo galego é todo edificio situado no campo que serviu de residencia fixa ou temporal de familias nobres. Estas liñaxes de “señores medianeiros” xurdidos en torno ao século XVI, evolucionaron economicamente en séculos posteriores sendo os pazos unha mostra evidente diso.

Os pazos como categoría arquitectónica comezaron a cobrar maior relevancia durante o século XV, cando os enfrontamentos bélicos entre nobres rivais concluíron. Ata ese momento a residencia típica dos señores feudais eran as torres fortificadas, que ofrecían protección ante esas refregas. Os pazos adoitaban estar formados por un edificio principal rodeado dun xardín, un pombal e a miúdo pequenas edificacións anexas como pequenas capelas.

En Ribeira Sacra atoparemos varios exemplos deste tipo de construcións.

Ver máis...

Coñece os Pazos de Ribeira Sacra