
Peto de Ánimas de Vilariño Frío

No centro de Vilariño Frío, no lugar chamado As Laixas e sobre rocha natural, atópase un peto de ánimas, que presenta un corpo liso formado por perpiaños ben encadrados. No corpo superior, sobre o que emerxe un pedestal de lados cóncavos para unha cruz, pressenta un pequeno nicho que alberga un panel deteriorado de madeira coa escena da Virxe do Carme sobre as nubes e as ánimas apiñadas na zona inferior.
Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e cruzamentos para honrar ás ánimas que agardan a súa liberación no Purgatorio, en cuxo peto depositan os fieis as súas limosnas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.
Estes sinxelos monumentos son obra de canteiros locais, e adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas somerxidas nas linguas de lume e en actitude suplicante cara o seu intercesor, que adoita ser un santo, San Antonio por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carme, entre outros.
Peto de ánimas de Vilariño Frío
Información e contacto

Vilariño Frío
Montederramo
Ourense
Equipamento e servizos


Accesibilidade

