Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Praza do Camiño

Conxuntos históricos

No deseño do actual Portomarín adquire especial protagonismo a Praza do Camiño. É o núcleo central da vila, onde se sitúan a Casa Consistorial e a igrexa de San Xoán ou San Nicolás.

O antigo Portomarín estaba situado uns metros máis abaixo, á beira do Miño, antes de que este fose embalsado. Nos anos 50, debido ao proxecto do encoro de Belesar, e grazas a estar declarado Conxunto Histórico Artístico desde o ano 1946, decídese recolocalo para evitar o seu asolagamento.

Este traballo encárgase aos arquitectos Pons Sorolla, que se encargará do traslado dos elementos artísticos e Moreno Lacasa, responsable do deseño das novas vivendas.

No seu proxecto, ambos arquitectos deseñan o novo Portomarín con un centro neurálxico, a Praza Maior (actual Praza do Camiño), na que se disporán os principais elementos: Igrexa de San Xoán, Casa do Concello e palacio do Xeneral Paredes. A fachada sur da praza péchase con edificacións con soportais alintelados, que albergan os comercios máis destacados, as vivendas máis acomodadas e os edificios de transcendencia civil.

Ésta é a razón pola que vemos un urbanismo perfectamente organizado, ao contrario do que soe acontecer noutras vilas históricas con complexas tramas de rúas, que se creaban en función do crecemento do lugar, tal e como sucedía no antigo Portomarín.

Praza dos Condes de Fenosa

Información e contacto

Enderezo

Praza Condes de Fenosa

Portomarín

27170

Equipamento e servizos

De balde
Cafeterías

Accesibilidade

Cadeira de rodas
Mobilidade reducida
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar