Galería
Galería

BTT - Circular de Parada

BTT

Esta ruta circular de trinta e tres quilómetros vainos levar a través de pistas e antigos camiños, a percorrer case toda a totalidade do concello de Parada de Sil; dende as zonas máis próximas ao canón ata as ladeiras do Monte Meda ou o encoro do Mao.

Cómo chegar Cómo chegar
Distancia da ruta
33,5 km
Tempo da ruta
4 h 30 min
Itinerario da ruta
Circular
Comezo
Praza Campo da Feira (Parada de Sil)
Chegada
Praza Campo da Feira (Parada de Sil)
Dificultade
Alta
Desnivel
Subida: 967 m
Baixada: 967 m
M.I.D.E. 3 4 3 4

O primeiro tramo desta ruta e compartido co final de BTT – Os Torgais, aínda que pronto a deixaremos atrás e ascenderemos ata o pobo de O Coutiño, onde enlazaremos coa ruta BTT – Circular de Nogueira. Comezaremos a gañar altura a medida que ascendemos pola ladeira do Monte Meda e teremos algunha boa vista panorámica sobre o territorio dos arredores.

Deixando atrás o monte descenderemos ata o encoro da Hedrada, que retén as augas do Mao permitíndonos circular a súa beira. Pasaremos por Pradomao e posteriormente descenderemos ata preto de San Lourenzo, dende onde acompañaremos o Canón do Sil ata chegar de novo a Parada.

Non o perdas!

Esta ruta pasa por moitas zonas de gran interese, se ben a nosa recomendación é a visita ao Mosteiro de Santa Cristina ou ao próximo miradoiro de Cabezoás.

BTT - Circular de Parada

Equipamento e servizos

Aparcamento
Roteiro sinalizado
Postos de comida
Fontes de auga

Accesibilidade

En coche
En bicicleta

Información e contacto

Teléfono contacto
+34689863713