
PR-G 213 Ruta dos Bosques Máxicos

Unha ruta circular por algúns dos puntos paisaxísticos e monumentais do concello de Castro Caldelas. Está concibida como unha ruta con dous bucles, polo que é posible realizala como ruta completa de 21km ou como unha ruta de 6 km e outra de 15km.
A ruta discorre por algúns dos lugares con maior interese paisaxístico, histórico e etnográfico do concello de Castro Caldelas: aldeas abandonadas, bosques con castiñeiros monumentais e numerosos miradoiros naturais, entre outros.
O patrimonio histórico durante a ruta tamén é de gran importancia, pasando por mosteiros como o de San Paio de Abeleda ou a reitoral de Poboeiros. A ponte medieval de A Ponte ou as fervenzas do Pozo dos Cabalos son outros dos lugares que atravesa este itinerario.
PR-G 213 Ruta dos Bosques Máxicos
Equipamento e servizos



Accesibilidade


Información e contacto

Castro Caldelas
Ourense