Galería
Galería

Sábado Longo

Festas

Celebrada na noite da véspera do Domigno de Pascua, en Xunqueira de Espadanedo, e coñecida tamén como "Noite dás Argalladas".

 

Diferentes tradicións fálannos de que, tras a Coresma (40 días de contención), os mozos dos pobos daban renda solta ao desenfreo a noite do Sábado de Paixón. A madrugada do sábado ao domingo era aproveitada polos mozos para a esmorga e, por iso, esta franxa horaria recibía moitos nomes distintos, pero todos vinculados á festa e as trasnadas.

En Xunqueira de Espadanedo chamábase Sábado Longo (unha noite longa é unha noite de esmorga e, por tanto, “Sábado Longo” noite de festa e desenfreo); en Niñodaguia, segundo Tónino Álvarez Silvares, “Noite dás Argalladas” e en Ombreiro (Lugo), segundo Manuel Romay López, os mozos "facían todas as trasnadas que podían, e que os maiores aceptaban como propias do día".

Nesta noite de trasnadas era frecuente que os apeiros de labranza, e mesmo os animais, desaparecesen do seu lugar habitual. Todos eses apeiros, xeralmente carros, eran roubados polos mozos e traslados ao atrio da igrexa do mosteiro de Santa María; colocados enfretados e adornados con verzas ou calquera outra flor que se atopasen polo camiño, formaban un arco polo que os veciños tiñan que pasar á súa chegada e saída da misa do día seguinte. 

A día de hoxe a tradición consérvase, aínda que xa con participantes de todas as idades. Os veciños reúnense nunha gran festa para cear e xa entrada a madrugada dispóñense a "roubar" cuantos carros poden. 

Data: a noite anterior (sábado) ao Domingo de Pascua

Non o perdas!

No núcleo de Xunqueira de Espadanedo, ao pé do mosteiro, existe un mural na honra desta tradición.

Sábado Longo (Xunqueira de Espadanedo)

Información e contacto

Enderezo

Monasterio de Sta Mª de Xunqueira de Espadanedo

Xunqueira de Espadanedo

32730 Ourense

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde
Cafeterías

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar