

Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo

Este mosteiro é un dos máis descoñecidos da Ribeira Sacra, e certamente conta con moitos elementos que o fan digno de visitar. Ademais, pasou por moitos estilos arquitectónicos ao longo da súa historia, dende o románico ata o barroco.
O mosteiro cisterciense de Santa María de Xunqueira de Espadanedo ten a súa orixe nun cenobio altomedieval que se consolida coma beneditino no século XII. A finais do XII intégrase na orde do císter da man do veciño mosteiro de Montederramo.
Da época medieval conserva a igrexa de planta basilical con tres naves rematadas en ábsidas semicirculares. No templo destacan o altar pétreo, a pila bautismal e unha interesante colección de capiteis historiados. Na Idade Moderna (s.XVI – XVIII) reedificarase o Claustro Regular e posteriormente levántase ex novo a Hospedería e Portería. A fachada da igrexa, ao igual que a torre, reconstrúese entre 1801-1802.
As cabeceiras das ábsidas medievais vístense con retablos modernos que se explican na contrarreforma. O programa iconográfico do templo xira en torno a dous temas fundamentais: a figura de María (retablos principal e da entrada) e a exaltación do monacato occidental na figura dos seus fundadores, San Bieito de Nursia e San Bernardo (retablos barrocos).
No mosteiro desenvólvense diferentes actividades, exposicións artísticas no Claustro Regular e, a mediados de agosto ‘’Maridaxes no Solpor’’: músicas medievais e degustación de produtos típicos de Ribeira Sacra.
Podes facer unha visita virtual en 360º premendo eiquí.
Non o perdas!
Este mosteiro atópase situado moi preto do mosteiro de San Pedro de Rocas, cuxa visita é case obligatoria si se está pola zona.
Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo
RESERVAR ENTRADA
Información e contacto

Praza dos Amigos, s/n
Xunqueira de Espadanedo
32730 Ourense


Equipamento e servizos


Accesibilidade

