

Santuario de Augas Santas

Entre os principais cultos da zona, destaca o que se rende a Nosa Señora dos Ollos Grandes de Augas Santas. Na festa venerábase tanto á virxe como ás augas dunha fonte á que se atribuían poderes case máxicos.
O templo de Augas Santas non é o primitivo, se non que o santuario que agora vemos é unha reconstrución do século XX. Sabemos que con anterioridade ao santuario cristián houbo outro pagán, onde se rendía culto aos ídolos (ao sol, á lúa, ás ninfas que protexían a auga...). Cando se cristianizou a comarca, substituíuse este culto polo da nova relixión.
O máis característico desta romaría é cumprir co ritual de acercarse á fonte (antes pequena lagoa) a cuxas augas se atribúen propiedades curativas. Din os expertos en medicina que ó tratarse de augas sulfurosas están especialmente indicadas para curar afeccións da pel (eccemas, erupcións) e en procesos reumáticos de tipo inflamatorio, dexenerativo e metabólico. Hoxe en día, celébrase a romaría o segundo domingo de setembro.
Santuario de Augas Santas
Información e contacto

As Augas Santas
Panton
Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade

