Sequeiros de Pena Folenche
Os sequeiros son construcións tradicionais que poseen unha peculiaridade moi especial, só se ocupaban durante dous meses ao ano, nos meses de recolección das castañas cos primeiros ventos do outono. Por este motivo, os Sequeiros de Pena Folenche cumplían una doble función, a principal, o secado das castañas, e a outra obrigada, acoller ás personas encargadas de realizar este traballo procedentes na súa maioria de aldeas contiguas á Pobra de Trives: San Xoán de Río, Chandrexa de Queixa e Manzaneda.
Para adentrarse neste excepcional conxunto etnográfico de sequeiros desde una perspectiva máis ampla, propoñemos en primeiro lugar subir ao miradoiro de Pena Folenche e ver os amplos bosques do Val do Navea, entre San Xoán de Río e A Pobra de Trives. Despois iniciamos o noso percorrido por un camiño de terra entre plantacións de castaños, asentados nalgúns casos en auténticos bancais de pedra, similares aos do cultivo do viño.
O proceso de secado das castañas pretendía preparala para o seu almacenamento. No primeiro paso, afumabanse colocándoas na parte superior da estrutura de madeira do sequeiro, xusto debaixo do lume da cociña. Unha vez secas, o seguinte era máis expeditivo, introducíanse nun saco de tela e golpeabanse contra unha superficie dura, pedra ou tocón, ata conseguir separar a cáscara da castaña. Por último as castañas cribabanse nun cesto ata que quedaran limpas.
Sequeiros de Pena Folenche
Información e contacto
Pena Folenche
A Pobra de Trives
Ourense