Galería
Galería

A Casa da Carminha

Viviendas de Uso Turístico

Descobre A Casa da Carminha! Situada en Loñoá, dentro do Concello de Pereiro de Aguiar e no corazón da Ribeira Sacra, esta casa rural é o retiro perfecto para quen busca tranquilidade e unha conexión auténtica coa natureza e a cultura galega, sen renunciar a estar preto de diferentes atractivos turísticos.

Esta encantadora vivenda foi restaurada con mimo, ofrecendo unha estancia acolledora e chea de carácter sen renunciar á comodidade. A Casa da Carminha conta con 4 habitacións, 3 baños completos, unha cociña totalmente equipada integrada nun amplo salón comedor, e unha terraza que ofrece vistas relaxantes da paisaxe rural.

Conta con aparcamento para catro coches dentro do recinto da casa. A casa está rodeada dun xardín espazoso onde podes gozar da piscina e a zona de grellada.

Ademais, a súa localización permíteche explorar facilmente a Ribeira Sacra. Estarás a poucos minutos de Ourense, onde poderás mergullarte nas famosas termas e gozar da rica gastronomía local.

A Casa da Carminha é ideal para familias, grupos de amigos ou calquera persoa que desexe explorar a beleza e tranquilidade de Galicia. Sexa para unha fin de semana ou unha estancia máis prolongada, esta casa ofrece todo o necesario para unha experiencia inesquecible.


Patricia & Toño

Patricia & Toño

Ola! Somos Patricia e Toño, e estamos encantados de darlles a benvida á Casa da Carminha, un recuncho especial no corazón da Ribeira Sacra. Agradecemos que elixisen esta bela contorna para a súa escapada. A nosa casa é o refuxio perfecto para os amantes da natureza, a tranquilidade e as actividades ao aire libre. Se gozan de camiñadas por sendeiros pintorescos, a observación da natureza, a paisaxe e os monumentos ou simplemente desexan relaxarse nun ambiente acolledor e familiar, A Casa dá Carminha está deseñada especialmente para vostedes. Ademais é perfecta como punto de partida e descanso para diferentes visitas dentro da privincia. Esperamos que a súa estancia sexa tan encantadora e revitalizante como a paisaxe que nos rodea. Estamos aquí para facer que a súa experiencia sexa inesquecible!

A Casa da Carminha

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Os Campos 25, Loñoá

O Pereiro de Aguiar

23793 Ourense

Teléfono contacto
661737110
Horario
Todo o ano
Plazas
10 Plazas
Habitaciones
4 Habitaciones

Equipamento e servizos

Aparcamento
Casa completa
Berce
Piscina
WiFi
Terraza exterior

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar