Galería
Galería

A Florentina

Viviendas de Uso Turístico

Descobre Ribeira Sacra desde esta acolledora casa de aldea en Rubiacós, situada estratexicamente entre dous dos mosteiros máis emblemáticos da zona, o de Santo Estevo de Ribas de Sil e o de San Pedro de Rocas, ofrecendo un punto de partida perfecto para explorar a riqueza paisaxística, cultural e vinícola de Ribeira Sacra.

A poucos pasos do aloxamento, tamén poderás atopar a capela de San Antonio, un pequeno templo con historia que os propios anfitrións cuidan con moito esmero.

A casiña, restaurada recentemente con mimo e respectando a arquitectura tradicional, combina o estilo rústico coas comodidades actuais, ideal para desconectar e gozar da contorna.

Perfecto para parellas, pequenas familias ou viaxeiros que buscan tranquilidade, natureza e autenticidade.


Distribución e capacidade:

  • 1 dormitorio con cama de matrimonio

  • 1 sofá cama na zona de estar

  • Capacidade total: ata 4 persoas


Dositeo & Lourdes

Dositeo & Lourdes

Somos Dositeo e Lourdes, unha familia da zona que quixo dar unha nova vida a esta casa tradicional con moito agarimo e respecto polas súas raíces. Fainos moita ilusión compartir cos nos hóspedes a beleza e a tranquilidade do noso pobo e de Ribeira Sacra.

Estaremos encantados de axudarche a descubrir os recunchos máis especiais da contorna, recomendarche rutas, adegas ou miradoiros, e facer que sintas como na casa desde o primeiro momento.

Benvidos á nosa casa e a Ribeira Sacra!

A Florentina

Información e contacto

Enderezo

Rubiacós, s/n

Nogueira de Ramuín

32160 Ourense

Teléfono contacto
699077551
Horario
Todo o ano
Plazas
4 Plazas
Habitaciones
1 Habitaciones

Equipamento e servizos

Casa completa

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar