A Lucita
Casa independente situada nunha vila tranquila, ideal para os amantes da natureza.
A vivenda conta con 4 dormitorios, dous baños completos, cuarto de lavandería e garaxe privado pechado. Dispón de xardín con grella e merendeiro, magnífico para gozar de comidas ao aire libre.
Está situada a catro quilómetros do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e moi preto do embarcadoiro, se desexas facer un paseo polo coñecido Canón do río Sil.
Casa luminosa e cómoda, perfecta como base para facer turismo, rutas e desconectar na Ribeira Sacra.
María & Gumersindo
Ola, somos María e Gumersindo e fainos moita ilusión darche a benvida á nosa casa. Preparámola con moito agarimo para que te sintas coma na casa desde o primeiro momento.
Queremos que desconectes, que goces da tranquilidade da nosa vila e de todo o bonito que hai preto. Estamos á túa disposición para o que necesites e para recomendarche rutas e lugares onde comer, se o desexas.
Agardamos que leves un recordo inesquecible da Ribeira Sacra!
A LUCITA
Información e contacto
Lugar Picornio, 36
Nogueira de Ramuín
32160 Ourense
Cómo chegar
Que mellorarías?