
A Porta

Casa exclusiva e acolledora.
Unha casa única de 1880, restaurada con mimo e deseño moderno para ofrecer un espazo con tódolos recursos dun hábitat urbano pero respectando a harmonía do binomio natureza -humán. Os nosos valores derivan dun trato respectuoso coas persoas e o noso extraordinario entorno natural.
Valoramos moi positivamente recibir as nosas visitas e poderlles dar a benvida acompañándoos na primeira visita á casa e as súas instalacións.
Estamos completamente dispoñibles para aconsellar sobre a nosa comarca, rutas, ocio, gastronomía, enoloxía, historia e cultura, en función das necesidades de cada invitado, para proporcionar experiencias persoalizadas.
O amor pola terra e a felicidade das persoas. Xentileza.


Emilio
Un galego que despois de 30 anos en Madrid, decide regresar a súa cidade natal e poñer toda a súa experiencia para crear neste paraíso da Ribeira Sacra un espazo idílico para o ser_rurbano.
A Porta
Información e contacto

Remuín, 2 - A Parte
Monforte de Lemos
27410 Lugo



Equipamento e servizos







Accesibilidade

