Galería
                    Adega Algueira
Algueira é unha empresa familiar que se centra na produción de viños de calidade utilizando métodos tradicionais e sostibles. Elabora unha ampla gama de viños apostando desde os seus inicios polas variedades autóctonas e a viticultura artesanal.
Está ubicada en Doade, nas proximidades do Canón do Sil e ofrece, ademais de visitas guiadas e catas de viños, experiencias gastronómicas no restaurante da bodega "O Castelo" e paseos fluviais polo río Sil nunha embarcación da propiedade, completando unha oferta enoturística pioneira en Ribeira Sacra, que busca dar a coñecer ao visitante a cultura do viño e o respecto pola tradición e o medio ambiente.
Ofrécense os seguintes servizos:
- Visitas guiadas con catas de viños. Varios horarios. Pódense realizar en galego, castelán ou inglés.
 - Tenda de viños. Horario: de 11 a 18 horas.
 - Servizo de restaurante nas mesmas instalacións.
 - Rutas fluviais polo río Sil.
 - Packs de actividades.
 
Acreditada Ruta do Viño Ribeira Sacra: Sí
Adega Algueira
Ver máis...
    
    
  Información e contacto
                              Doade, s/n
Sober
27424 Lugo
                              
                                                                  982410299/698171168
                                                              
                            
            Cómo chegar          
                                                
                                                
                                                
                                                
                                                
                                                          
                              
                              
                              
                  Que mellorarías?