Galería
Adega Cruceiro
Adega fundada por Ramón Marcos hai 30 anos. A súa paixón polo viñedo comenzou cunha pequena parcela familiar e foi medrando ata hoxe, controlando todo o proceso, dende a viña ata a botella.
Os viñedos de Adega Cruceiro están en fortes pendentes de ata o 75 por cento, nas mellores ladeiras da subzona de Amandi.
As visitas á adega serán con cita previa, e inclúen explicación e degustación de dous viños. Consultar prezos.
Se viaxas en autocaravana consúltanos para pernoctar nas nosas instalacións e desfrutar do solpor e o amencer no Canón do Sil.
Adega Cruceiro
Información e contacto
Vilachá de Doade, 14
Sober
27424 Lugo
609183352/669299594
Cómo chegar
Que mellorarías?