
Albergue Santiago 15

Santiago 15 é un albergue turístico situado no Camiño de Santiago de Invierno, oficializado no ano 2016, que foi deseñado seguindo unha liña industrial para manter a esencia da nave orixinal, dedicada ao almacenamento de materiais de construcción e estudos de enxeñería.
O establecemento é o único albergue da cidade de Monforte de Lemos e conta cun servizo de café e té de cortesía para os clientes. Cada praza conta cunha taquilla propia de apertura mediante un código, o cal establece cada hóspede de forma personalizada durante a sua estancia. As liteiras contan cunha luz individual e un pequeno espazo de almacenamento interno dentro da propia liteira, de igual forma evitanse as clásicas colchonetas doutros albergues, priorizando os colchóns para garantizar a comodidade dos hóspedes.
O albergue conta cun total de 50 prazas de liteiras en habitacións compartidas, estando 40 delas na planta baixa separadas en 6 módulos, e 10 na planta superior, as cales contan cun baño propio.
O acceso ao albergue faise a través dun código personalizado para que os nosos hóspedes poidan ter acceso no horario que precisen.
Albergue Santiago 15
Información e contacto

Rúa Santiago, 15
Monforte de Lemos
27400 Lugo


Equipamento e servizos




Accesibilidade

