
Aldeade

Aldeade é unha vila formada por dous apartamentos turísticos en Deade, unha pequena aldea de 60 habitantes rodeados de natureza nunha contorna totalmente tranquila. O núcleo urbano máis próximo é Ferreira de Pantón (a menos de 2 km de distancia). Un bo punto de partida para coñecer a Ribeira Sacra.
A vila englóbase nunha superficie de 3.000 m² con amplas zonas verdes, un pequeno viñedo e piscina cunhas vistas fantásticas cara ao val. Os nosos apartamentos teñen unha capacidade máxima de 10 e 8 persoas respectivamente, baixo unha edificación tradicional, con muros de pedra mantendo a tipoloxía dos nosos #ante pasados e respectando as edificacións da contorna no que se sitúa.
Os apartamentos alúganse de maneira independente, existindo a posibilidade de alugar a vila enteira.
Aldeade
Categoría

Información e contacto

Campo das Parras, 1 - Deade
Pantón
27430 Lugo



Equipamento e servizos




Accesibilidade

