
Apartamento San Antonio

Aloxamento de 4 dormitorios con cama doble en tres das habitacións e camas xemelgas na cuarta habitación, dous baños, ampla cociña e salón comedor. No centro de Monforte de Lemos, a 150 metros do Campo de San Antonio e da Ponte Nova, e a 250 metros da Rúa do Cardenal (rúa do paseo), bancos, supermercados, centro de negocios e tódolos servizos que ofrece a cidade.
Calefacción e Wi-Fi en tódalas dependencias, chans de parquet, TV de pantalla plana no salón, mesa para 6 persoas no comedor e mesa adicional para 8 persoas na cociña; os dous baños dispoñen de lavabo, bidet, bañeira con ducha e wc. O apartamento atópase nunha segunda planta con ascensor e ten praza de parking na planta baixa do mesmo edificio.
DORMITORIO I: Provisto de dous grandes ventanais, con vistas ao patio exterior, cama de 135 * 190, armario e cómoda de estilo clásico.
DORMITORIO II: Con sol de tarde, desfruta de vistas á Rúa Ourense. Ten armario empotrado e é o único dormitorio co seu propio cuarto de baño “en suite”. A cama mide 135 * 190 cm.
DORMITORIO III: Orientación oeste e vistas á Rúa Ourense, contiguo ao dormitorio II. Armario aberto. Camas xemelgas de 0,90 * 190 cm.
DORMITORIO IV: A súa ventá da ao patio interior, e é o dormitorio máis pequeno. Equipado con escritorio, percheiro e, do mesmo xeito que tódolos dormitorios, ten o seu caballete-maleteiro. Cama de 135*190.
COCIÑA: Completamente equipada. Mesa para 8 persoas; coladuría adxacente onde se atopan a caldeira, lavadora, lavavaixelas e frigorifico.
2 CUARTOS DE BAÑO: Con vistas ao patio exterior, ambos equipados con lavabo, bañeira con ducha, bidet e wc; proporciónanse xel de baño e champú.
SALÓN COMEDOR: Ventanal que da ao patio interior e porta que conduce á galería con cristaleira que da á Rúa Ourense; o salón está equipado con tresillo de 4 prazas e TV de pantalla plana. O comedor con mesa para 6 comensais.


Pedro Quiroga
Nacido en Pantón, viaxei e traballei en medio mundo, e desfruto hospedando viaxeiros e axudándolles a descubrir os segredos da nosa terra, a Ribeira Sacra.
Apartamento San Antonio
Información e contacto

Rúa Ourense, 33 2ºA
Monforte de Lemos
27400 Lugo



Equipamento e servizos




