Galería
Galería

Apartamentos Río Sil

Apartamentos Turísticos

Os Apartamentos Rio Sil atópanse no interior dunha casa centenaria de pedra de cachotería recentemente restaurada. Están no lugar idóneo para o desfrute da natureza, orientados cara ao nacente cunhas fermosas vistas. Aúnan a tranquilidade que brinda o campo coa proximidade ao centro de Monforte e as principais cidades galegas.

No sur da provincia de Lugo e limítrofe co norte da provincia de Ourense atópase Bolmente, concello de Sober, situado en pleno corazón de Ribeira Sacra, zona vitícola por excelencia surcada polo Canón do Sil, onde se produce o milenario Viño de Amandi. Destaca o seu gran valor paisaxístico, ambiental e patrimonial, tamén o carácter afable, sereno e hospitalario das súas xentes. Un destino ideal para as súas vacacións. A principal  vía de acceso a Sober por estrada é a Nacional-120. Tomaremos a saída cara a Sober e unha vez chegados a Sober subiremos pola estrada que vai a Doade (a partir de aquí hai indicadores do establecemento na estrada) e ao chegar a Santa Marta viraremos á dereita dirección Bolmente ata o lugar de  Ferrón.

Coordenadas para  GPS: Latitude 42º 25' 005" ( N). Lonxitude 007º 35' 839" ( W)

 

Dispoñen de 5 apartamentos totalmente equipados:

  • Apartamentos de 4 prazas (2+2): Composto dunha habitación de matrimonio, salón con cama niño (2x90cm) ou sofá, cociña integrada e baño con ducha hidromasaxe. Con aire acondicionado, calefacción e fío musical.
  • Apartamentos de 6 prazas (4+2): Composto de dúas habitacións de matrimonio, salón con cama niño (2x90cm), cociña, e baño con ducha hidromasaxe. Con aire acondicionado, calefacción e fío musical.

APARTAMENTOS RÍO SIL

Empresa asociada

Categoría

Categoría: Apartamento 1 chave

Información e contacto

Enderezo

Ferrón, 54 - Bolmente

Sober

27460 Lugo

Teléfono contacto
697 555 515
Horario
Todo o ano
Plazas
24 Plazas
Habitaciones
5 Habitaciones
Capacidade

Equipamento e servizos

Casa completa
Piscina
Aparcamento
Berce
WiFi
Pago con tarxeta

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar