Galería
Galería

As Maceiras Restaurante Asador

Restaurantes

Especialidades: Pratos Tradicionais de Culler (Caldo Galego & Sopa de Allo). Parrillada de Carnes e Asados. 

Sobremesas: Goxüa (adaptación de postre tradicional de Álava, Pais Vasco) & Tarta de Queixo.

Restaurante de comida tradicional galega, con mezcla de pratos tradicionais de procedencia extremeña e vasca. Especializados en comida caseira, usando produtos locais e da nosa propia horta. Contamos cunha parrilla exterior, na que cociñamos as nosas carnes, churrascos e asados. Temos tamén unha terraza cuberta completamente equipada para desfrutar das súas comidas nos días máis soleados. No noso restaurante servimos almorzos, comidas e ceas, con dispoñibilidade de Menú do Día e Menú Especial. Adaptamos pratos para intolerancias (lactosa, celíacos) e tamén temos pratos vexetarianos e veganos. Traballamos con grupos, e estamos encantados de adaptarnos as súas necesidades e gustos. 


Marichón y José Fernández

Marichón y José Fernández

Levamos rexentando As Maceiras desde 1997, cando convertemos unha vella escola no que hoxe é o restaurante. O negocio ten un ambiente familiar e presumimos de comida tradicional e caseira. Nós, e o noso equipo, estamos desexando coñecerte.

As Maceiras Restaurante Asador

Ver máis...

Prezo

Prezo: Entre 11 e 20 €
Entre 11 e 20 €

Información e contacto

Enderezo

San Lourenzo, 19

A Pobra de Trives

32788 Ourense

Teléfono contacto
988 330 034

Equipamento e servizos

Aparcamento
Área infantil
Almorzos
Comidas
Ceas
Mascotas permitidas
Pago con tarxeta
WiFi

Accesibilidade

Mobilidade reducida
Cadeira de rodas
Discapacidade visual
En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar