Galería
Galería

Bodega Carlos Caneiro Núñez

Adegas

Acreditada Ruta do Viño Ribeira Sacra: Non

A Bodega Carlos Caneiro é de tipo familiar, situada na ribeira do río Sil, con viñas que chegan ata o río. Está limítrofe co concello da Teixeira pero pertence ao de Parada de Sil. A orixe é froito dun sono que os seus fundadores tiñan desde a infancia, polas historias que tantas veces escoitaban de seus pais e avós acerca das bondades da terra da Ribeira Sacra. 

No ano 2008, a parexa formada por Carlos e Rosa compraron a primeira finca coa idea de que fose un hobby para desfrutar das fins de semana. Pero o que empezou como un pasateempo, ao pouco tempo converteuse nunha forma de vida, con duro traballo, moito sacrificio pero moi gratificante polo froito obtido. Así, no ano 2018 empezou a funcionar como bodega e no 2019 viu a luz o primeiro viño Mencía Summun Ribeira Sacra, baixo a marca Viña Dariz. Tódolos viños elaborados na bodega proceden das uvas colleitadas nas viñas da propiedade e o lema é obter un viño o máis natural posible. Por este motivo, unha parte imprescindible do mantenimento das fincas é o rebaño de ovellas que durante os meses de inverno actúan como desbrozadoras naturais, á vez que abonan o terreo. 

O obxectivo principal da bodega Carlos Caneiro, é a venta de viño, pero tamén se ofrece a posibilidade de visitas concertadas previamente, sexa por correo electrónico ou por teléfono, para así consensuar coas persoas interesadas, as condicións das mesmas. Como norma xeral, ademáis das explicacións dos donos, inclúen degustación dos viños, con acompañamento de produtos típicos da gastronomía da zona: xamón, chourizo, queixo ou empanada, e percorrido pola viña.

Non se dispón de pago con tarxeta de crédito pero sí a través da aplicación móbil Bizum.

Ás instalacións da bodega poden acceder persoas con mobilidade reducida pero non se aconsella a visita á viña polo risco que supoñen as pendentes. 3

O aparcamento está a 100 metros pero pódese chegar en coche ata a entrada.


Bodega Carlos Caneiro

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Dariz, s/n - A Costrela

Parada de Sil

32748 Ourense

Teléfono contacto
610789232/667487878

Equipamento e servizos

Aparcamento

Accesibilidade

Mobilidade reducida
Cómo chegar Cómo chegar