Cabanas Mirador Cachamuíña
Nunha contorna idílica, as nosas cabanas son o nexo de unión perfecto entre o visitante e a natureza. Aséntanse sutilmente a modo de miradoiros que focalizan e enmarcan as vistas existentes do encoro de Cachamuíña.
Está formado por cinco cabanas de xeometría rectangular dunha única planta que se integran de maneira natural no terreo respectando a topografía do mesmo e que son, ademáis, miradoiros elevados desde os que se vislumbra a beleza do encoro de Cachamuíña en todo o seu esplendor, desde diferentes ángulos e perspectivas.
As Cabanas Mirador Cachamuiña pousanse sobre o terreo buscando a mínima incidencia no mesmo, utilizando ademáis materiais en consonancia coa contorna, mimetizándose perfectamente. Facendo un guiño aos troncos das árbores existentes na parcela, a implantación das pezas realizarase mediante piares metálicos que elevarán as edificacións respecto ao terreo o preciso para mantelas lixeiramente separadas do mesmo.
As nosas cabanas intégranse na parcela e coa paisaxe xogando coas tonalidades dos materiais que se atopan na contorna. Emprégase a madeira, tanto na estrutura como no acabado interior e exterior das edificacións proxectadas, dialogando cos materiais existentes na contorna sen resultar elementos invasivos.
A parcela linda cunha ruta de sendeirismo que discurre arredor do encoro de Cachamuíña, xerando un recorrido para camiñar, pasear, facer deporte e desfrutar do entorno natural existente, o cal conta con espectaculares eixes visuais entorno ao encoro.
O obxectivo desta iniciativa é ofertar un servizo diferenciado a través dunha arquitectura sostible singular, poñendo en valor unha zona de gran beleza, ademáis de fomentar actividades de carácter lúdico-recreativas en contacto coa natureza.
Cada unha das cabanas no seu acolledor interior ten unha cheminea eléctrica, que permite ter unha agradable temperatura aínda nos fríos días de inverno ou vendo as gotas de chuvia caer. Consta dunha sala onde poderás sentarte a desfrutar dunha lectura agradable, unha conversa íntima ou o que che faga sentir feliz. Na cociña, completamente equipada, poderás preparar o teu almorzo ou cea, sen necesidade de saír a ningún outro sitio. A zona de descanso ten unha cama de 1,50 x 2 m onde poderás desfrutar do magnífico pracer de amencer coa dulce melodía dos paxariños cantando. Se viaxas con nenos disporás de dúas liteiras onde os pequenos gozarán da emoción de poder durmir nas alturas. Para finalizar disporás dun baño completo con ducha para refrescarvos e finalizar ou comezar o día con enerxía; o se non, desfrutar dun relaxante baño no jacuzzi de auga climatizada que as nosas cabanas teñen nas súas terrazas.
No exterior, todas as cabanas teñen fácil acceso mediante unha rampa e terraza, o noso maior desexo é darvos todas as facilidades para que poidades gozar da nosa marabillosa contorna.
Cabanas Mirador Cachamuíña
Cabanas Mirador Cachamuíña comezou a súa aventura en agosto de 2021. Desde entón preocupámonos de que os nosos clientes vos atopedes tan a gusto que quedes con ganas de voltar, cuidando todo ata o mínimo detalle.
Cabanas Mirador Cachamuíña
Información e contacto
Vilar, 135
O Pereiro de Aguiar
32710 Ourense