Galería
Galería

Carpintería Rodríguez Arxiz

Comercios artesanais

Na Carpintería Rodríguez Arxiz especialízanse na recuperación e construción de elementos tradicionais da arquitectura galega en madeira: balcóns, corredores, galerías, portalóns, fiestras, escaleiras, cubertas e forxados, reproducindo fielmente os modelos históricos orixinais. Así mesmo, interveñen en casas rurais e pazos mediante a creación de artesoados e estruturas singulares.

Utilizan fundamentalmente madeiras nobres autóctonas, como o castiñeiro e o carballo, aínda que tamén recorren a especies exóticas cando o proxecto require maior resistencia á intemperie ou á exposición solar. Para os traballos de maior detalle e precisión empregan ferramentas manuais tradicionais (trencha, machado, gubias...), complementadas por maquinaria de taller (cepilladora, escuadradora, tupi, escopladora...), co fin de garantir unha alta calidade e axilidade na execución. Cada peza realízase atendendo á normativa vixente e co obxectivo de manter o estilo construtivo tradicional, incorporando ao mesmo tempo solucións que melloran o confort térmico e acústico das edificacións, así como a salubridade do ambiente interior, evitando condensacións e humidades.

Obras destacadas

Galería do Museo do Viño en Monforte de Lemos (Lugo)

Reconstrución do Ecomuseo de Arxeriz en O Saviñao (Lugo)

Recuperación da Reitoral de Castillón en Pantón (Lugo)

Construción da Adega Algueira en Doade (Lugo)

Posibilidade de visita baixo reserva previa.


Carpintería Arxiz

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Parque Empresarial de Escairón, P. 9.

O Saviñao

27540 Lugo

Teléfono contacto
687474462
Cómo chegar Cómo chegar