
Casa Cerdeira Ribeira Sacra

Casa Cerdeira é unha vivenda turística dispoñible en alugueiro para satisfacer necesidades temporais de aloxamento e con capacidade para 7 persoas.
É unha casa de labranza típica galega situada en Monforte de Lemos na zona da Ribeira Sacra. Esta zona é coñecida polo seu patrimonio, a paisaxe natural dos canóns do río Sil, os viños e as numerosas adegas que se poden visitar e as augas termais do próximo Balneario de Pantón.
Monforte de Lemos, situado a 5 minutos en coche, é a vila de referencia da Ribeira Sacra e caracterízase polo seu castelo, os seus monumentos e o seu casco antigo empedrado. Desde Casa Cerdeira pódese ver o famoso contorno desta vila, co seu castelo no alto. Moi preto, a 10 minutos en coche, tamén se atopa o Balneario de Augas Santas.
Casa Cerdeira é unha casa de labranza típica de Galicia onde, na planta baixa, aínda se conservan coas súas pezas etnográficas unha adega tradicional e os espazos dedicados aos labores do campo. A parte superior da vivenda conta con 4 dormitorios, un salón comedor e unha cociña cun fogar tradicional de leña enmarcada en mármore.
Casa Cerdeira Ribeira Sacra
Información e contacto

Regueira 3, Piñeira
Monforte de Lemos
27420 Lugo



Equipamento e servizos




Accesibilidade


