
Casa das Peleteiro

Aloxamento emprazado en medio da natureza, nunha aldea da Ribeira Sacra, fora de toda contaminación. Ideal para desconectar de todo axetreo.
Equipada con todo o preciso (toallas, sábanas, xel, cafeteira, utensilios de cociña, etc.) Ademais atópase a 3 quilómetros de Luíntra e a uns 20 quilómetros de Ourense, cidade termal. Preto de catamaráns, mosteiros (Santa Cristina, Santo Estevo, San Pedro de Rocas...) para desfrutar dunhas vacacións sensitivas, con baños de bosques, gastronomía, rutas vinícolas, rutas de senderismo, etc.


Paz
Ola! Chámome Paz e estarei encantada de aportar información, resolver dúbidas e todo aquelo que precisedes de "Casa das Peleteiro", tanto por vía telefónica, whatsapp e/ou correo electrónico. Idiomas falados: español, galego e francés.
Casa das Peleteiro
Información e contacto

Santa Cruz de Rubiacós, 16
Nogueira de Ramuín
32160 Ourense



Equipamento e servizos



Accesibilidade

