Galería
Galería

Casa de Abeledo

Viviendas de Uso Turístico

É unha casa independente rodeada dunha finca de 3.000 m2 na que se respira moita tranquilidade. É perfecta para familias, amigos (e mascotas!) que queiran compartir paseos polo campo, barbacoas ou charlas a carón do lume ou visitar Ribera Sacra.

A Casa de Abeledo é unha casa de labranza galega fundada en 1690 e rehabilitada con tódalas comodidades. A restauración do interior rematou en 2022 e fixémola con moito agarimo ao longo dos anos, ao mesmo tempo que a desfrutabamos e viamos crecer a nosa familia! Agora poñémola a vosa disposición para que a desfrutedes tanto coma nós. (Siguenos! Estamos en @casadeabeledo) Benvidos!

Na planta alta hai unha cociña de obra aberta ao salón con cheminea na que tendes todo o precisio para cociñar comodamente. Nesta mesma planta hai tres habitacións, unha principal con dúas camas individuais, outra con dúas camas individuais (están xuntas pero pódense separar) e unha terceira cunha litera de tres camas. A zona de salón ten un sofá e TV con conexión gratuíta a Netflix e Vodafone TV. Tamén hai un cuarto de baño con ducha de obra e un gran porche con zona de estar, mesa extensible para comer ao aire libre ata 10 persoas e barbacoa de carbón .

A planta baixa ten un salón moi amplo con outra cheminea para os incondicionais do lume. Un gran espazo con varios sofás e outra mesa para usos múltiples onde atopardes cartas,  xogos de mesa, xoguetes e unha selección de libros para pequenos e maiores. Ten un dormitorio con dúas camas de 90 unidas en cama de matrimonio e un baño grande. Tamén ten a súa propia saída ao exterior para máis comodidade e independencia.

A casa conta con vitrocerámica, forno, lavavaixelas, microondas, secador de pelo, lavadora, 2 neveiras (unha baixo encimera e unha grande no cuarto da lavadora) batidora, expremedor e calefacción central con radiadores en tódalas estancias. Se botades algo en falla, por favor, dicídeo e farémovolo chegar o antes posible!
 
A finca está vallada a falla das portas de entrada que se instalarán antes de xullo de 2023. Pode haber ovellas soltas e corzos moi preto da casa.

Raul y Chelo

Raul y Chelo

Vivimos en Madrid. Encántanos pasar tempo xuntos ou con amigos, desfrutar a vida sinxela, rírnos, comer ben e viaxar en familia cando podemos… :)

Tamén nos estrenamos como anfitrións da nosa casa de vacacións en Galicia, a Casa de Abeledo. Está nunha aldea no corazón da Ribera Sacra Lucense. Queres coñecela? Lleva con nós 18 anos... tantos como os que tardamos en rehabilitala!

Casa de Abeledo

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Castelo, 1

Taboada

27559 Lugo

Teléfono contacto
609 588 189
Horario
Todo o ano
Plazas
9 Plazas
Habitaciones
4 Habitaciones

Equipamento e servizos

Casa completa
Aparcamento
Berce
Mascotas permitidas
Pago con tarxeta
WiFi
Terraza exterior

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar