
Casa de Outeiro

Acreditada Ruta do Viño Ribeira Sacra: Non
O viñedo consiste en 32 hectáreas de parcela, onde se teñen todas as orientacións posibles. Diferentes tipos de chan conviven, predominando a pizarra, pero onde tamén podemos atopar terras roxas (arcillas), cuarcitas e solos francos. Increíble diversidade de terroirs nunha soa parcela, o que permitirá elaborar diferentes perfiles de viño.
A bodega está situada no parque empresarial de Quiroga, conta con equipamento moderno e funcional, depósitos para a fermentación e almacenamento e sala de barricas para a garda.
A visita ten unha duración de 2 horas, comeza dando un paseo polo viñedo, vendo as distintas variedades que conviven no terreo. O paseo segue ata a Casa de Outeiro, dende onde se aprecia unha fermosa vista de Quiroga e San Clodio. A continuación faise unha pequena visita á adega, explicando o proceso productivo. Dependendo das condicións climatolóxicas, a cata dos viños pode facerse na sala de catas da adega ou no viñedo. Degústanse 3 viños acompañados por un petisco.
O número de persoas por visita mínimo é de 10.
Accesibilidade: acceso á bodega en silla de rodas ou con movilidade reducida, pero non ó viñedo.
Casa de Outeiro
Información e contacto

Parque Empresarial de Quiroga, parcela B2
Quiroga
27320 Lugo


Equipamento e servizos

