
Casa Diego

Situada en Monforte deLemos, capital da Ribeira Sacra, o inmoble está composto por dous cuartos dobres con cama de matrimonio e unha individual, todas elas exteriores.
Dispón de sala de estar, comedor, cociña totalmente equipada e terraza descuberta. Aparcamento gratuíto e amplo xardín. Opción ideal coñecer a cidade de Lemos e a Ribeira Sacra con nenos. “Tendo en conta a situación sanitaria, estamos a ter moito coidado en desinfectar todas as estancias.”
Atraccións turísticas próximas: Paseo do río a 200 metros, Campo de Golf a 1km, piscinas municipais a 1,5km, centro histórico da cidade a 2km (Torre da Homenaxe, Barrio Xudeu, Pazo dos Condes de Lemos, Esplanada dos Escolapios…), restaurantes varios especializados na gastronomía galega tradicional.
Ao final da rúa atópase a parada do bus urbano.
Estancia mínima: 2 días
CASA DIEGO
Información e contacto

Rúa Ramón Cabanillas, 8
Monforte de Lemos
27400 Lugo



Equipamento e servizos




Accesibilidade
