
Casa Muíñovedro

Casa Muíñovedro está situada na ribeira do río Miño, nunha contorna rural impresionante, rodeada de bosques de castiñeiros, nogais e viñedos.
A vivenda é do século XIX completamente reformada, decorada con mimo e conta con todas as comodidades modernas que precisas para desfrutar dunha estancia acolledora e relaxada.
En Ribeira Sacra está a maior concentración de románico rural de Europa. Conta con viñedos, bodegas, moi bos restaurantes e numerosas rutas de sendeirismo.
Casa Muíñovedro está distribuida en 3 plantas, conta con 5 habitacións dobles, ademáis dunha sexta habitación doble á que se accede a través dunha delas. Ten 3 baños completos, un deles con ducha e un gran jacuzzi con vistas ao bosque. Dous salóns, un deles con cheminea de leña, cociña completamente equipada cun gran comedor e cheminea de pellets, unha zona de despacho e balcón con vistas ao río.
Todas as estancias son exteriores, moi luminosas e posúen calefacción de gasoil. A zona de xardín conta con gran variedade de árbores frutais e autóctonos e varias zonas exteriores, barbacoa e unha zona para relaxarse cunha gran hamaca onde só se oe o murmurio do regato que linda co xardín.


María Ángeles
Durante a vosa estancia estaremos dispoñibles para calquera cousa que precisedes. Podedes contactarnos a través dun teléfono que vos proporcionaremos ou por correo. Deixaremovos unha guía da zona con recomendacións de actividades, excursións e restaurantes.
Casa Muiñovedro
Información e contacto

Muíñovedro, 2
Chantada
27515 Lugo



Equipamento e servizos





Accesibilidade

