Galería
Galería

Casa Pedro

Viviendas de Uso Turístico

Ubicada na parte alta de Pantón, rodeada de viñedos e bosque, Casa Pedro ofrece aloxamento de calidade nun relaxante ambiente rural. A súa parcela de máis de 2000 m2 alberga unha viña, horta, xardín con árbores frutais e unha bonita piscina.

Cada unha das habitacións da casa, igual que o baño, cociña, comedor e salón, dispoñen de grandes ventanas para desfrutar das vistas. Calefacción e Wi-Fi en tódalas dependencias, chans de parquet, armario completo e cómoda en cada dormitorio, teléfono, TV de pantalla plana con satélite no salón, mesa para 6 persoas no comedor e mesa adicional tamén para 6 persoas na cociña; o baño dispón de bidet e bañeira con ducha.

Planta baixa: Garaxe equipado con lavadora, anexo ao apartamento privado que está ocupado por outra persoa.

A planta superior, totalmente a disposición dos nosos hóspedes, consta dun hall de entrada, con percheiro e zapateiro, conduce ao pasillo desde o que se pode acceder a tódalas estancias do aloxamento.

DORMITORIO I: Provisto de dous grandes ventanais, orientación oeste, con vistas ao xardín, viñedos e a estrada de Goián. Con cama de 150 * 190 e axuste eléctrico de múltiples posicións.

DORMITORIO II: Con terraza e sol de tarde, desfruta de vistas ao xardín, ao noso viñedo e da música dos paxariños. A cama mide 160 * 185 cm.

DORMITORIO III: Orientación oeste e vistas aos viñedos, á igrexa e ao Priorado de Pantón. A cama mide 135 * 190 cm.

COCIÑA: Completamente equipada; con porta á terraza e dúas ventás con vistas á piscina e aos viñedos. Mesa para 6 persoas.

CUARTO DE BAÑO: Con vistas a nosa viña, equipado con lavabo, bañeira con ducha, bidet e wc; proporcionanse xel de baño e champú.

SALÓN COMEDOR: Vista á piscina e ao val; o salón está equipado con tresillo de 6 prazas e TV digital e satélite. O comedor con mobiliario clasico e mesa para 6 comensais.

PISCINA: Dimensións de 3,20*7,90 e 2,20m na parte máis profunda; equipada con hamacas e colchonetas entre maio e setembro. O uso da piscina non está permitido aos nenos sen a supervisión dun adulto.


Pedro Quiroga

Pedro Quiroga

Nacido en Pantón, viaxei e traballei en medio mundo, e desfruto hospedando viaxeiros e axudándolles a descubrir os segredos da nosa terra, a Ribeira Sacra.

Casa Pedro

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Follés, 74 - A Chousa

Pantón

27438 Lugo

Teléfono contacto
655 138 050
Horario
30/06-30/12
Plazas
6 Plazas
Habitaciones
3 Habitaciones

Equipamento e servizos

Casa completa
Aparcamento
Mascotas permitidas
Pago con tarxeta
Piscina
Terraza exterior
WiFi
Cómo chegar Cómo chegar