Casa Vistaboa
Vistaboa atópase situada nunha contorna rural ás beiras do río Miño, a tan só tres km do pobo de Belesar, no corazón de Ribeira Sacra.
Recentemente renovada, conta con todas as comodidades e nela poderás gozar dunha contorna e unhas vistas únicas, cunha localización privilexiada sobre os viñedos.
É o local ideal para gozar dunhas vacacións no medio da natureza e descubrir todos os encantos que Ribeira Sacra pode ofrecer.
A casa:
A casa está distribuída en tres plantas, ten capacidade para un máximo de 20 persoas e está completamente equipada para ofrecer todas as comodidades.
Dispón de sete habitacións con baño (catro con cama dobre, unha con dúas camas individuais, dúas con dúas camas dobres e un sofá-cama).
Conta con tres amplos salóns, dous deles con cheminea de leña que achega calidez ás estancias e dúas amplas terrazas con magníficas vistas sobre os viñedos de Ribeira Sacra. Ten unha ampla cociña totalmente equipada cun soportal que se divide en zona de estar e comedor. Todas as estancias son exteriores, moi luminosas e posúen calefacción.
Dispón de televisión con home cinema e películas e zona de estar para nenos con diferentes actividades.
Conta con distintos espazos exteriores entre os cales destacan un bosque de carballos, unha zona de estar con tumbonas e grellada.
Un dos puntos máis destacables de Casa Vistaboa son as súas magníficas vistas sobre o río Miño, os viñedos de Ribeira Sacra e o pobo de Belesar.
O apartamento:
O apartamento ten capacidade para un máximo de catro persoas e está completamente equipado.
Dispón dunha habitación con cama dobre, un amplo salón cun sofá-cama, dous baños e cociña totalmente equipada.
Todas as estancias son exteriores, moi luminosas e posúen calefacción.
Un dos puntos máis destacables do Apartamento Vistaboa son as súas magníficas vistas sobre o río Miño, os viñedos de Ribeira Sacra e o pobo de Belesar.
Casa Vistaboa
Apartamento Vistaboa
Información e contacto
Fondo de Vila, 19 - Líncora
Chantada
27514 Lugo